miércoles, 28 de septiembre de 2011

O can da Escofina

No segundo exacto no que a Escofina deixaba cae-la pá ao chan, Suso o da Queira escribía cun bolígrafo bic azul o texto que pensaba enviar a unha revista de anuncios por palabras pra que lle publicasen: "Vendo picadoras de maiz autopropulsadas Class - New Holland - Jlhon Deere." 

Nese segundo exacto, seu pai, o da Escofina, pulsaba o botón número tres do mando a distancia, para sentarse no sofá un pedazo a ve-lo partido de futbol da galega, combinado de veteranos entrenados por Amancio (con Agulló, Buyo, Celeiro, Djorovic, Naybet, Radchenco, Shongo'o…) e o outro Superdépor ás ordes de Arsenio e Ballesta (con Aldana, Claudio, Mauro Silva, Bebeto, Fran, Liaño, Manjarín…) E nese segundo exacto, ao fondo da cociña, coma nun relato de Manuel Rivas, palillaba flores de encaixe a nai.

(...)

No hay comentarios:

Publicar un comentario